Cumpreanos feliz!!!

O 3 de Agosto, Anxo fixo un ano. Parabéns!!
Estamos moi ledos coa súa evolución, xa entende todo, pórtase moi ben e
non ten problemas para durmir nin coa comida. Que máis podemos pedir?.


Preséntovos o tío Manolo. (Tío da miña nai)
Como tódolos anos, e pola súa avanzada idade, temos que axudarlle  a subir
e  baixar a  chalana do mar, porque no inverno queda  varada na praia e non
vai pescar. Polo que nos xuntamos cos primos e algún amigo que se apunta, e
movemos ese mastodonte de madeira e poliéster que pesa unha barbaridade.
Este ano Anxo estivo animándonos.

Para as peticións de actualización, que son bastantes, unha foto máis
Do noso protagonista.


Unha reflexión sobre “Cumpreanos feliz!!!

  1. holaaaaaaaaaaaaaaa cada vez mas guapo bamos estas echo una belleza tus padres tuvieron mucha suerte en tener un hijo muy muy muy guapo como tu bueno que te quiero mucho y a seguir sacando fotos

Os comentarios están pechados.