Chokiteando - Dende Coruxo para o mundo

Chokiteando

Dende Coruxo para o mundo

Febre

febreiro 29th, 2008

Tiña que pasar. Dende que naceu este pequeno non tivo ningún problema de saúde, pero estes días subiulle a febre por un catarro, e estivo maliño, o caso e que como podedes ver na foto, con 39,5 graos de febre e sen perder o sorriso.
O sábado a noite como non lle baixaba a febre fomos a urxencias, e como se o sacásemos a pasear, contentísimo. El  é  así.

febre.jpg

Presentamos a madriña, que ultimamente co seu novo traballo non ten moito tempo de ver a Anxo, haberá que perdoarllo.

madrina.jpg