A prima Tamara
A petición de “Mamichina” (siareira de Chokiteando) http://elrincondemichini.blogspot.com, unha fotiño de Anxo coa prima Tamara.
Tamara é unha das nenas máis listas que coñezo, chega con 3 anos dende Rusia e todos namoramos dela axiña, nesta foto ten 7 anos . Non podía faltar.
E como non, outra foto de Anxo bañándose que é onde se sinte máis ledo, ou polo menos, iso é o que parece, xa que a lingua que fala, nos non a entendemos.
Por certo, gracias a todos polo voso apoio, cos comentarios.

decembro 11th, 2007 at 7:53 pm
Pero menudo desmadre de bandullo que ten o gicho este!! Si os pliegues e as carnes esas parecen que se tragan as mans que o suxeitan!!
decembro 12th, 2007 at 12:07 pm
Graciñas pola foto coa Tamara, é unha nena preciosa!!! Cumple co que se di de que as rusas son das mulleres mais guapas pero ademais con esos ollos rasgados aínda mais.
É que vou decir do Anxo que ademais de guapo vese que está ben criado. Qué bonitiño está!!! Teño que ir visitalo un día antes do nadal e así vexo que tal lle están as zapatillas (por certo, ¿qué tal unha foto coas zapatillas?)
Moitos bicos para os tres (o mais grande para o Anxo)
decembro 12th, 2007 at 11:14 pm
Cada dia esta mais bonito,na foto da bañeira esta para comelo.Non sei se sabedes pero aqui en Lalin ten esta fan que lle sigue fielmente a evolucion semana tras semana,xunto coa bisaboa.A mama seta guapisima…..vale ….o papa tamen. Bicos e dadelle un a Iker