Chokiteando - Dende Coruxo para o mundo

Chokiteando

Dende Coruxo para o mundo

Rock and Roll.

decembro 23rd, 2007

Gran concerto o do outro día na casa de David e Hayat, estamos encantados co respeto que mostra Anxo pola vida social dos seus pais, nos permite quedar cos amigos e participa sempre cun sorriso, “Impagable”.

dsc00249-copia.jpg

E por fin a familia xunta, logo de algunhas suxerencias o respecto, ¡ aquí estamos !
As fotos fíxoas Diego que estraba cámara, gustáronnos moito.

dsc00222-copia.jpg

A prima Tamara

decembro 11th, 2007

A petición de “Mamichina” (siareira de Chokiteando) http://elrincondemichini.blogspot.com, unha fotiño de Anxo coa prima Tamara.
Tamara é unha das nenas máis listas que coñezo, chega con 3 anos dende Rusia e todos namoramos dela axiña, nesta foto ten 7 anos . Non podía faltar.

tamara.JPG

E como non, outra foto de Anxo bañándose que é onde se sinte máis ledo, ou polo menos, iso é o que parece, xa que a lingua que fala, nos non a entendemos.
Por certo, gracias a todos polo voso apoio, cos comentarios.

neno.jpg