Chokiteando - Dende Coruxo para o mundo

Chokiteando

Dende Coruxo para o mundo

Sen tempo

novembro 25th, 2007

Hai uns minutos que nos reclamaban actualización, e como non, nós respondemos. Este post vai adicado o tío Iago, que é o demandante. (Pedide, que así nos animamos).

sup.jpg

Preséntovos a “primo Iker”, Xa temos falado del pero aínda non o víramos.
Nestes intres é o referente mais próximo do noso protagonista.

iker.jpg

E para rematar, outra semi presentación, porque xa aparecera, pero nun segundo plan. A Nai

chu.jpg

 

¡Teño boca!

novembro 13th, 2007

Como non, chegan os 3 meses e xa leva todo á boca, polo que temos que extremar a limpeza, porque o mesmo lle da un boneco, que unha manta, ou que o rabo de “Mincha”, por que non se deixa, que si non…

xoguetes.jpg

Dende aquí queremos mandarlle un bico moi forte a aboa, que está un pouquiño mala, para que se mellore pronto.

terraza.jpg

MC Chokito

novembro 4th, 2007

Este fin de seman saímos Anxo máis eu a aproveitar o bo tempo e pasear pola praia, xa que a nai comezaba a traballar de novo. Puxémonos guapos, cargamos o carriño no coche, e como banda de son o novo disco de “Tote King”, (moi recomendado).

mcch.jpg

deste paseo matutino o único que se enteróu fun eu, porque Chokito non abriu os ollos en todo o tempo, supoño que o non estar mami o resto non interesa. Eu de todos xeitos desfruteino moito.

dad.jpg