Chokiteando
Dende Coruxo para o mundo
Choki Potter
Non sei se parece que ven de Hogwarts, ou de xogar un partido Rugby, o caso e que esta
juapísimo vestido coa roupa que lle agasallou Fito.
Xa comeza a imita-los xestos da cara da xente, é moi divertido velo.

Preséntovos a Inés, a súa única prima directa, de momento, esperemos que isto cambie cedo,
hai que animar a algúns que eu me sei.
Por certo, bicos ás mozas de Prisma, que sei que nos visitan con frecuencia
Naturalidade
E pouco a pouco o tempo e a natureza van poñendo as cousas no seu sitio, digo isto porque
Anxo cada día está mais centrado e anticípase as situacións da rutina diaria, sabe cando o vamos
a bañar, e reponde con sorrisos, o mesmo cando se achega a toma.

o que noto e que xa non é tan brandiño como antes, a pel comeza a tensarse, pero segue
cheirando que da gusto achegarse a el.
Dous meses
Onte cumpriu 2 meses, e xa está espabiladísimo. A ver se o atopades no medio de todo
este colorido.
O xoguete que hai colgado encántalle, pode pasar horas mirado para el sen protestar nadiña.
Cousas dos seus tios da Coruña

Puxémoslle as vacinas dos dous meses, e chorou como nunca, ate o de agora.
Xa pesa 6,2 Kg, este neno medra moi rápido, xa non lle serve a roupa de
menos de tres meses, menos mal que herdamos do seu curmán Iker que ten 4 meses máis.
Gracias a Maruxa e a Carlos.




