Chokiteando - Dende Coruxo para o mundo

Chokiteando

Dende Coruxo para o mundo

A Familia

setembro 29th, 2007

Xa temos o libro que di que somos unha familia, Anxo Para celebralo, onte falounos
moitísimo, tentarei poñer un video que reflexa o momento.

libro.jpg

E por fin a nai da criatura, ainda que agochada por fin forma parte desta aventura dixital

banho.jpg

Alopecia “Punk”

setembro 24th, 2007

Xa estamos quedando sen pelo, pero temos un aire “punk” que mola moito.

punk.jpg

Por fin de volta na casa, novo traballo, e a partir de agora xa verei a Anxo a Diario.
A antiga situación non era sostible, agora estamos todos moi ledos

risas.jpg

Flipando co chupete

setembro 19th, 2007

Menudo invento isto do chupete, así entendo que os pais xa llo poñan o primeiro día,
é un auténtico descanso.
dsc04936.JPG

Os xoguetes xa empezan a ferlle gracia, outro entretemento máis para o descanso
e divertimento dos proxenitores

dsc04941.JPG

Love me tender

setembro 16th, 2007

Malladiño a Elvis, con este traxe novo que lle trouxeron Aser e Dani do Lola Pop.
Pensamos que tardaría un par de meses en valerlle pero a pouco máis non llo estreamos.

chok15.jpg

Este son eu co protagonista, a que saimos ben?, agora xa nos vamos entendendo mellor,
claro, e que non nos coñecíamos, e eu teño as miñas cousas…

chok17.jpg

Como tardei moito en postear, unha máis para os siareiros de Alcabre,
especialmente para María (Prima), que sabemos que segue as andanzas de Chokito.

choki161.jpg

O prometido e débeda

setembro 11th, 2007

Xa nos agasalla sorrisos matutinos, que tanto a súa nai como eu agradecemos moito

choki16.jpg

Este é un dos mellores momentos do día para todos.

choki17.jpg

Horizontes novos

setembro 9th, 2007

Xa comezamos a erguernos con forza, dende aquí podemos divisar novos horizontes.

choki14.jpg

Estamos a caza do sorriso, en canto capaturemos a foto poñerémola. Nos xa puidemos
disfrutar da risa esta mañá, vos teredes que esperar a que o pillemos ca cámara,
prometemos esforzarnos.

choki15.jpg

Dende a distancia

setembro 5th, 2007

Xa chagou a volta o traballo. Dende a distancia, xa van dous días sen ver a Anxo,
é a súa nai, estame costando moito.

choki11.JPG

E duro estar separado da famila toda a semán, menos mal que a nai mantenme puntualmente
informado de todo o que acontece, e con documentos gŕaficos coma este.

choki12.JPG