Chokiteando - Dende Coruxo para o mundo

Chokiteando

Dende Coruxo para o mundo

Baño diario

agosto 30th, 2007

Xa había espectación por ver a Anxo en “bolingas”

Cada vez é mais divertido bañar ó pequeno, xa non chora e déixase votar todas as cremas
e pomadas, que non son poucas. Poñémolo en pelotiñas e queda relaxadísimo.
Por certo, gracias a Paideleo polos consellos

choki10.jpg

Todos a durmir

agosto 27th, 2007

Con 24 días de vida, este Anxo, xa durme 6 horas seguidas pola noite, esperemos que isto se manteña.
Non quero dar envexa a ninguén, só é un dato obxetivo, sei que hai meniños que ate os tres meses
non dormen ben, pois este non é o caso do noso, en isto temen sairá ó seu pai, que lle gusta moito durmir.

choki9.jpg

Aquí tedes un exemplo, pai e fillo man a man

Cólico do lactante

agosto 23rd, 2007

Xa empezamos a sufrir os berros, o caso é que os cólicos son novos para nos, e produce certa
desesperación velo chorar e non poder facer nada.

choki7.jpg

Os seus tíos atúrano mentres nos ceamos, unha axuda impagable. Gracias

choki8.jpg

Visita Extraterrestre

agosto 18th, 2007

A súa tía, logo de un día enteiro sen ver ó pequeno, non puido soportar a presión,
e deste xeito apareceu pola porta. Estaba un chisco acatarrada, e como vive no piso do lado
a presión e moita.

Tia Irene

Por certo, pesámolo o outro día, e xa pesa 4,100Kg, iso quere dicir, entre outras cousas
que non o estamos a facer moi mal.

Desperto

Camuflado

agosto 14th, 2007

choki4_338×450.JPG

Este rapaz durme de calquira xeito, e se o metemos no coche nin se menéa, a verdade e que é un “Anxo”.


10 dias e xa está enganchado

agosto 13th, 2007

Moi preto

Para este pequeno o colo empeza a ser un vicio, un dos primeiros praceres que descubre e xa está enganchado, sen comentarios

“O Poder do metal”

agosto 11th, 2007

choki2_1999×1500.JPG

Hoxe decidimos sacalo como un auténtico pirata.

Un sen papeis na casa

agosto 8th, 2007

chokito

No amencer do 3 de Agosto, nace Anxo, con 3,92 Kg e moi cabreado.
Pronto iremos rexistralo, temos un mes, pero ós pais resúltalles  interesante o aire que ten sendo un “sen papeis”