O 3 de Agosto, Anxo fixo un ano. Parabéns!!
Estamos moi ledos coa súa evolución, xa entende todo, pórtase moi ben e
non ten problemas para durmir nin coa comida. Que máis podemos pedir?.


Preséntovos o tío Manolo. (Tío da miña nai)
Como tódolos anos, e pola súa avanzada idade, temos que axudarlle a subir
e baixar a chalana do mar, porque no inverno queda varada na praia e non
vai pescar. Polo que nos xuntamos cos primos e algún amigo que se apunta, e
movemos ese mastodonte de madeira e poliéster que pesa unha barbaridade.
Este ano Anxo estivo animándonos.

Para as peticións de actualización, que son bastantes, unha foto máis
Do noso protagonista.
